Equipo, ilusión, traballo
Somos unha grande equipa de remeir@s veteran@s de Rianxo unidos na paixón polo mar e o deporte. En cada regata levamos o nome de RIANXO con orgullo, con ilusión por competir e con afouteza mantendo viva a tradición da traiñeira na nosa vila.
(Foto: Campionato de España 2025. Castro Urdiales)
• Defendermos e espallar o remo como deporte e tradición.
• Promovermos a saúde integral co deporte veterano.
• Facermos equipo con deportividade, inclusión e responsabilidade social.
• Desenvolvermos este proxecto deportivo e cultural no local e no global.
• Representar con afouteza e dignidade o Concello de Rianxo.
(Foto: Regata de liga en Muros 2026)
Na ARVR participamos en todos os campionatos e probas que podemos, e traballamos a reo, palada a palada, polo deporte e polo remo, e sempre avante na angueira! Somos membros activos da liga galega de traiñeiras de veteran@s (LGTV) e parceiros na súa organización e promoción. Autofinanciámonos como clube, e estamos constituídos ao abeiro da lei galega do deporte. Colaboramos co resto do tecido asociativo de Rianxo e do mundo do remo para dinamizar este deporte e apoiar inicitaivas culturais e socias.
(Foto: Regata de liga en Perillo 2026)